miércoles, 19 de agosto de 2009
Primeiras reflexións inconexas (disculpo ao bispo Odoario por se eu tiver malversado o seu nome nestes pensamentos escritos)
Nos inicios do século vinteún hai, de certo, moitos Odoarios entre nós. De feito creo que desque Odoario pisase Gallaecia no afastado século oitavo nunca houbo tantos Odoarios coma hoxe. Pero poucos recoñecen selo (cómo recoñecer algo que se descoñece?).
Quén non fuxe cada día? Quén non tenta deixar atrás gran parte do que é para atreverse a edificar unha nova situación? Quén non partiu de cero algunha vez?, acaso alguén non o intentou?, quén o conseguiu? Quén non fixo iso obrigado por circunstancias que non desexaba?
Eu fuxo cada día, deixo atrás gran parte do que son e intento, case sempre sen conseguilo, edificar unha nova situación. Tamén partín de cero moitas veces pero non o conseguín nunca e, desde logo, fíxeno (tenteino facer) moitas veces por circunstancias non desexadas.
A Gallaecia lucense de Odoario son hoxe moitos destinos, cada un ten os seus e, como el, podémolos elixir. Só que el triunfou e nós triunfaremos ou non, e poño a man na tixola que poucos acabaremos por triunfar: somos Odoarios pero non o somos tanto. Odoario era especial e nós non o somos: a maioría dos que estamos a ler estas liñas seríamos servos de Odoario se vivísemos na súa época, e el un bispo. E, aínda así, nós fuximos como el fuxiu tamén. Os poderosos sono se hai alguén que non o é: porque o “poder” tense sobre alguén ou sobre algo, ou exércese sobre alguén ou sobre algo; se non, non existe poder nin poderosos que o ostenten.
Eu veño da África da miña sequidade creativa e fuxo ao feraz Lugo onde deixar constancia escrita do que me inqueda, fode ou desexo compartir. Pero o “poder” heillo dar ás palabras, pois por riba de bispos e reis, de peiteiros e vasalos, elas ostentárono sempre... (outra cousa é que se lles fixese caso). É un poder moi distinto do que falei arriba. Qué son as palabras?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Interesante recuperacion historica de un personaxe que tivo unha capital importancia na loita dos galegos pola sua independencia do reino asturiano, xa que axudou a estos na batalla de Monte Cubiero, na que os astures venceron e frustraron de este xeito as aspiracions galegas, de todolos xeitos parabens, e adiante
ResponderEliminarCoido que a meirande xente da cidade de Vigo coñece a historia do Cristo, chamado do sal.
ResponderEliminarSegundo din rescatado das auguas por uns mariñeiros.
Se este é un blog de divulgación podes falar verbo diso se queres, vai ser ben acollido.