Hei ser breve.
Unha manifestación de 60 000 persoas en Compestela. Dúas persoas queiman unha bandeira española: o titular non é que se manifestan 60 000 persoas, senón que se queima unha bandeira española, unha e non sesenta e mil bandeiras.
Unha manifestación de 60 000 persoas en Compostela. Tres persoas portan cartaces nas que a foto de Gloria Lago aparece sobre o epíteto “WANTED”. O titular non é que se manifestan 60 000 persoas, senón que “Los socialistas ponen la gasolina para quemar banderas españolas”.
Que un diario de difusión nacional como La Razón traia a plena portada unha foto da queima da bandeira de España e reduza a manifestación contra do decretazo de Feijoo a a un acto exclusivamente radical e filoterrorista é algo execrable e envelenador da xente española que non viva nin coñeza Galicia.
En certo portal de elevada influencia dentro da dereita máis intolerante e radical, califican o multitudinario alto coa frase "algarada étnico-lingüística", que rebosa mala baba. Non achegan cifras de asistencia (iso non o poden soportar), nin sequera lle chaman manifestación: limítanse a chamarlle “algarada étnico-lingüística”... Para eles non é unha manifestación de centos de miles de galegos, senón unha algarada que, para máis inri é étnico-lingüística, sintagma que me resulta difícil enxergar, pero que en todo caso me parece fondamente despectivo.
sábado, 23 de enero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)