tag:blogger.com,1999:blog-87424524889379746612024-03-13T06:52:41.356+01:00A fuxida de OdoarioEscritos absolutamente heteroxéneos.Odoariohttp://www.blogger.com/profile/16284847370237519740noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-8742452488937974661.post-56959799311706759152010-01-23T21:51:00.007+01:002010-01-24T10:16:03.569+01:00“La algarada étnico-lingüistíca de Santiago de Compostela”, caracterizada polos “carteles amenazantes a Gloria Lago” e “la quema de la bandera nacionHei ser breve.
Unha manifestación de 60 000 persoas en Compestela. Dúas persoas queiman unha bandeira española: o titular non é que se manifestan 60 000 persoas, senón que se queima unha bandeira española, unha e non sesenta e mil bandeiras.
Unha manifestación de 60 000 persoas en Compostela. Tres persoas portan cartaces nas que a foto de Gloria Lago aparece sobre o epíteto “WANTED”. O titular non é que se manifestan 60 000 persoas, senón que “Los socialistas ponen la gasolina para quemar banderas españolas”.
Que un diario de difusión nacional como La Razón traia a plena portada unha foto da queima da bandeira de España e reduza a manifestación contra do decretazo de Feijoo a a un acto exclusivamente radical e filoterrorista é algo execrable e envelenador da xente española que non viva nin coñeza Galicia.
En certo portal de elevada influencia dentro da dereita máis intolerante e radical, califican o multitudinario alto coa frase "algarada étnico-lingüística", que rebosa mala baba. Non achegan cifras de asistencia (iso non o poden soportar), nin sequera lle chaman manifestación: limítanse a chamarlle “algarada étnico-lingüística”... Para eles non é unha manifestación de centos de miles de galegos, senón unha algarada que, para máis inri é étnico-lingüística, sintagma que me resulta difícil enxergar, pero que en todo caso me parece fondamente despectivo.
Portalaxe (Melón, Ourense)
O barrio de Portalaxe (48 hab. en 2008, INE) é un dos once que conforman a extensa parroquia de Santa María de Quins (898 hab.), no concello de Melón (Ourense), no corazón da pequena bisbarra do Ribeiro Alto e antiga Terra de Nóvoa, hoxe integrado na comarca oficial do Ribeiro.
O citado barrio (que é como lle chaman en Ourense e no bispado de Tui ás aldeas) de Portalaxe constitúe unha excepcional aberración territorial, pois, formando parte integrante e indiferenciada da pequena vila de Francelos non pertence a ela:
A aberración reside en que unha pequena zona do centro de Francelos (a mencionada Portalaxe) pertence a unha parroquia e a un municipio do que está separada polos ásperos e altos montes da Ibia e da Bandeiriña e pola estreita valgada do río Brul, que baixa facendo fervenzas debido ao abrupto desa corga.
Francelos, e con el tamén Portalaxe, non teñen, deste xeito, acceso directo con Melón nin coa súa parroquia de Quins, polo que o traxecto ha de facerse obrigadamente pasando por Ribadavia.
O primeiro que chama a atención é que esa zona de Francelos, totalmente integrada no seu entramado "urbano" e absolutamente indiferenciada, non pertenza a esa parroquia, cuxa igrexa parroquial está a escasos 300 metros, e si, pola contra, a unha freguesía cuxo templo se sitúa a 6'6 kilómetros por estrada. O mesmo se diga se falamos en termos municipais, pois Portalaxe está a 1'3 km do centro da vila de Ribadavia pero a exactamente 10 km da capital do concello de Melón, ao que pertence.
Este caso é moi rechamante, pois á parte do afastamento entre Portalaxe e a parroquia e capital municipal á que pertence, xeográficamente é parte integrante das chairas aluviais ribeiregas da contorna de Ribadavia (o Ribeiro Baixo) e non das altas mesetas de Quins e Melón (o Ribeiro Alto).
¿Que debeu pasar para que durante séculos os fregueses de Portalaxe dependesen dunha afastada igrexa (a de Quins) situada a 6 kilómetros monte arriba e non á de Francelos situada a 300 metros das súas casas e para que pertenzan tamén a un municipio cuxa capital está a 10 km e non a outro (Ribadavia) que fica a pouco máis dun kilómetro das súas casas? Seguramente teña que ver con isto, como noutros casos galegos, as posesións xurisdicionais, tanto laicas como eclesiásticas, que, moitas veces, atendían máis a criterios de herdanzas, permutas, vendas ou compras que ao afán de crearen unha entidade homoxénea coas súas posesións, aténdose a criterios de coherencia xeográfica. Pero ben é certo que, se ben nas divisións xurisdicionais do antigo réxime as cousas eran como describín, as parroquias foron todo o contrario e constitúen mormente unhas células absolutamente homoxéneas e coherentes, xeográfica e culturalmente; por iso choca tanto o caso de Portalaxe.
Achego un mapa onde recalco as lindes municipais entre Ribadavia e Melón, marco a situación de Portalaxe e Quins (parroquia á que pertence), así como as cabeceiras municipais de Ribadavia e Melón. Obsérvese como os accesos para ir de Portalaxe a Quins e Melón pasan indefectiblemente por Ribadavia, dando un rodeo de gran calibre, así como a situación excéntrica do propio núcleo de Portalaxe con respecto ao resto da zona de Quins e, en contrapartida, a súa total unidade con Francelos (lugar e parroquia ao que non pertence).
Odoariohttp://www.blogger.com/profile/16284847370237519740noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8742452488937974661.post-38813518141489734752009-08-21T20:00:00.012+02:002009-08-21T21:20:54.872+02:00De lareta (tamén Odoario lercheaba)
Curiosa maneira de elixir un titular
Leo en El País.com un apocalíptico titular: La OMS avisa que lo peor de la gripe "puede estar por llegar". Entro e leo que as declaracións que deron pé a este titular son No podemos decir si lo peor ha pasado o si lo peor todavía está por llegar, declaracións de Margaret Chan, directora xeral da OMS moi dada a sentenzas deste estilo (e non só co tema da gripe). Logo, penso eu, os que elixiron este titular tanto puideron dicir "lo peor puede estar por llegar" como "lo peor puede haber pasado ya", pois as dúas sentenzas están en igual pé de igualdade nas declaracións da señora Chan. Cuestión de elección, polo tanto. Cómo se nota que no verán se venden menos xornais...
22 anos
Fálase moito na prensa estes días dos dous récords que o xamaicano Usain Bolt fulminou estes días: primeiro os 100 metros lisos (9,51 segundos, meu Deus!) e logo os 200 metros (lisos tamén). E pregunteime "este tío debe ser unha especie de Deus, pois coa súa idade está nunha forma capaz de poder fulminar récords mundiais". E é que pensaba que tiña trinta e pico anos. A miña sopresa foi cando lin que tiña 22 aniños (hoxe cumpre precisamente 23, trascendental feito do que a prensa tamén se fixo eco...) O feito é que o deporte de elite machaca moito e chegas aos 30 como se tiveses 50 (de momento Bolt chegou aos 23 como se tivese 35).
O Cristo... ¿de que Vitoria?
Existe un curioso tipo humano constituído polas señoronas viguesas facilmente identificables por levaren falsos abrigos de visón cando fai frío (e cando non fai frío tamén); e tamén identificables por posuír un curioso sentido da fe e por quereren imitar a ese outro tipo humano, hoxe moi minoritario, constituído polos membros das decadentes, clasistas e outrora poderosas e elitistas familias da sardiñocracia ou alta burguesía viguesa. O primeiro tipo humano, de peles de imitación e de comportamentos de imitación, adoita carecer de cultura; o segundo tipo humano parece ser que, no fondo, teñen bagaxe cultural (outra cousa son as ideas que poidan ter). Pero tanto un como outro grupo humano posúen algo en común: son fervorosos fieis do Cristo da Vitoria (nada que obxectar) e defensores á morte de que o epíteto do Cristo lle vén dado pola súa contribución á derrota dos franceses que ocuparon Vigo no ano 1809 (farto estou desa cantinela...). Pero o certo é que, por moito que digan, o Cristo do Sal non ostenta o epíteto "da Vitoria" por ese feito, pois nas actas municipais de 1740, e posteriores, xa se lle chama a ese cristo como "da Vitoria", moito antes da presenza dos franceses na cidade. Pero por moito que lles achegues probas como esta, esa xente seguirá a pensar que se chama Cristo da Vitoria polo motivo dos franceses. Se así son felices...
Vaia cirurxán! (iso si, un xenio...)
Outro dos heroes destes días, xunto con Bolt, é o cirurxán que dirixiu o primeiro transplante de cara en España, un tal doutor Cavadas. Eu imaxinábao o típico cirurxán aposto, de porte case hierático e todos eses adxectivos que se lles puñan aos vellos médicos, case pequenos deuses respectables e, desde logo, temidos. Todo isto esmoroóuseme cando vin o vídeo da súa rolda de prensa: camisola estilo Ibiza-beach a tono co seu bronceado-torrefactado, colar estilo feira-alternativa-feira-medieval-..., perilla afeitada con pésimo gusto que non sei ata qué punto será hixiénica para un cirurxán e, enfín, cara de pouca cousa indigna da imaxe que eu tiña de cirurxáns de tan alta ralea. Lerchadas á parte, o labor que fixo o doutor Cavadas é digna do máis sentido respecto e recoñecemento, o cal non quita que nos chame a atención a aparencia coa que se presentou ante a prensa...Odoariohttp://www.blogger.com/profile/16284847370237519740noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-8742452488937974661.post-46079093236091684312009-08-21T19:38:00.010+02:002009-08-21T21:03:28.457+02:00Revista de Libros: O antigo bispado de Tui en Portugal
Teño nas mans un delicioso libro que vén cubrir un campo histórico (tamén artístico e social) de altísimo interese e do que moi poucos autores trataron (polo menos monograficamente): a parte portuguesa do bispado de Tui. A obra leva o case obrigado título de O antigo bispado de Tui en Portugal. O seu autor é Don Ernesto Iglesias Almeida, persoa de profundísima cultura e humanista case á usanza de Sarmiento, ademais actual Cronista Oficial da cidade de Tui. Encargouse do Arquivo Histórico Diocesano de Tui ata a súa xubilación, o que lle permitiu estar en contacto directo con copiosas fontes documentais da Sé tudense, moitas delas non manexadas por outros investigadores.
Un froito maduro dos fondos coñecementos documentais de Don Ernesto é este libro, cuxo resumo da contraportada reza da seguinte maneira: O territorio actual do bispado de tui non se parece en nada ao medieval, ata o ano 1378, momento no que se produce a secesión da parte portuguesa situada entre os ríos Miño e Limia.=O autor deste libro fai un percorrido polas relacións, unhas veces afectivas e outras máis conflitivas, do período histórico no que unha boa metade do territorio diocesano tudense se atopaba situado nestas terras portuguesas.
A obra artéllase en dez capítulos, un valioso apéndice documental e un interesante epílogo de Clodio González Pérez.
Comeza o libro cun limiar do erudito portugués Alberto Pereira de Castro onde, cunha linguaxe clara e poética, repasa a escasa bibliografía que se produciu sobre o tema ao longo dos séculos e valora as relacións desta pare da raia fronteiriza á luz da ancestral presenza do bispado tudense, quer íntegro quer despoxado posteriormente da súa parte portuguesa.
O capítulo primeiro versa sobre as orixes do cristianismo no sur de Galicia, desde a cristianización do vello Castellum Tudae. O capítulo segundo trata integramente do Parroquial Suevo, que é unha importante relación das parroquias que correspondían a cada unha das 13 dioceses do reino suevo, que data do ano 572 e que, polo tanto, se erixe nun senlleiro documento sen parangón en toda a Europa occidental da Alta Idade Media. Neste capítulo pódese ver o difícil que aínda hoxe é identificar as parroquias do bispado de Tui que aparecen no Parroquial Suevo, salvo unhas poucas excepcións, e que deitaron ríos de tinta, aínda que o autor -e fai ben- non se propoña retomar o arduo camiño desas identificacións.
Tralo artellamento diocesano que supuxo o Parroquiale comeza a historia propiamente dita do bispado de Tui (O bispado de Tui: as súas orixes é o título do capítulo terceiro, toda unha mostra de erudición e de capacidade de síntese). O capítulo cuarto toca o espiñento tema da relación dos bispos tudenses con Portugal, asunto difícil de abordar pero do que Don Ernesto sae airoso ao centrarse exclusivamente nas fontes documentais, sen os tan afogadores xuízos de valor. O capítulo quinto céntrase na organización parroquial da diocese, con valiosas achegas documentais, e ten continuación no capítulo sexto, titulado expresamente As parroquias. Este capítulo sexto é unha verdadeira obra de recompilación, dun valor elevadísimo, no que Don Ernesto cataloga todas as parroquias que a diocese de Tui posuía ao outro lado do Miño, desde Valença á Ponte de Lima e desde Castro Laboreiro a Viana do Castelo, clasificándoas por arcediagados e outras agrupacións superiores á parroquia.
O capítulo séptimo trata dos mosteiros da banda portuguesa do bispado de Tui, onde se valora como corresponde a importancia social que tiveron nos séculos medievais. Como continuación, o capítulo oitavo versa sobre as propiedades dos mosteiros galegos da diocese de Tui en Portugal, onde, por exemplo, descubrimos con abraio o poder que o cenobio cisterciense de Oia tiña en terras de Portugal. O capítulo noveno é de gran interese e trata duns feitos absolutamente trascendentais: o cisma de occidente e a separación dos cóengos portugueses, onde trata, loxicamente, do famoso “cisma de Valença”, que trouxo consigo a separación definitiva das terras portuguesas do bispado de Tui. O décimo e último capítulo, o máis longo, trátase dunha viaxe a través da arte románica no territorio portugués tudense: un detallado catálogo do que esta importante arte deixou en terras do norte de Portugal, valorándoa como se merece e sacando do esquecemento verdadeiras xoias románicas que eran case descoñecidas incluso para os propios portugueses.
O antigo bispado de Tui en Portugal obtivo o segundo Premio de Historia Medieval de Galcia, 2007 e está editado pola Editorial Toxosoutos, dentro da Serie Trivium. Esta editorial, e particularmente dentro desta serie, está facendo un magnífico labor de edición de obras de historia, entre outras moitas temáticas fóra desta serie. Nos últimos anos editou un copioso número de obras de importancia senlleira e de autores de contrastada reputación. Agardo que sigan por este fructífero camiño.
Como dato interesante achego dous mapas de elaboración propia do bispado de Tui na Idade Media e na actualidade, onde se observa todo o territorio perdido en Portugal (e non só, pois a comarca de Ribadavia foi tamén de Tui ata a década de 1950). Están representadas as divisións arciprestais -e outras superiores á parroquia- polo interese histórico (e incluso étnico-social) que gardan.
Odoariohttp://www.blogger.com/profile/16284847370237519740noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8742452488937974661.post-9269714583205871262009-08-19T20:45:00.016+02:002009-08-20T00:44:27.952+02:00Primeiras reflexións inconexas (disculpo ao bispo Odoario por se eu tiver malversado o seu nome nestes pensamentos escritos)
Nos inicios do século vinteún hai, de certo, moitos Odoarios entre nós. De feito creo que desque Odoario pisase Gallaecia no afastado século oitavo nunca houbo tantos Odoarios coma hoxe. Pero poucos recoñecen selo (cómo recoñecer algo que se descoñece?).
Quén non fuxe cada día? Quén non tenta deixar atrás gran parte do que é para atreverse a edificar unha nova situación? Quén non partiu de cero algunha vez?, acaso alguén non o intentou?, quén o conseguiu? Quén non fixo iso obrigado por circunstancias que non desexaba?
Eu fuxo cada día, deixo atrás gran parte do que son e intento, case sempre sen conseguilo, edificar unha nova situación. Tamén partín de cero moitas veces pero non o conseguín nunca e, desde logo, fíxeno (tenteino facer) moitas veces por circunstancias non desexadas.
A Gallaecia lucense de Odoario son hoxe moitos destinos, cada un ten os seus e, como el, podémolos elixir. Só que el triunfou e nós triunfaremos ou non, e poño a man na tixola que poucos acabaremos por triunfar: somos Odoarios pero non o somos tanto. Odoario era especial e nós non o somos: a maioría dos que estamos a ler estas liñas seríamos servos de Odoario se vivísemos na súa época, e el un bispo. E, aínda así, nós fuximos como el fuxiu tamén. Os poderosos sono se hai alguén que non o é: porque o “poder” tense sobre alguén ou sobre algo, ou exércese sobre alguén ou sobre algo; se non, non existe poder nin poderosos que o ostenten.
Eu veño da África da miña sequidade creativa e fuxo ao feraz Lugo onde deixar constancia escrita do que me inqueda, fode ou desexo compartir. Pero o “poder” heillo dar ás palabras, pois por riba de bispos e reis, de peiteiros e vasalos, elas ostentárono sempre... (outra cousa é que se lles fixese caso). É un poder moi distinto do que falei arriba. Qué son as palabras?Odoariohttp://www.blogger.com/profile/16284847370237519740noreply@blogger.com2